Arquivo para a categoría ‘Entretenimiento’

CANTIGA DE CEGOS

Publicado: 26 Febreiro, 2009 en Entretenimiento

A MALLA
 
Niste ano 2008
a parroquia de Salcedo
volveu facer a malla
na airiña do concello.
 
Corría a xente para aira
todos con gran ilusión
para sentir papexar
aquel antigo motor.
 
 
                          A máquina de limpar                          
que aínda conserva Moreira
hata parecía leda
de verse na polviceira.
 
Tamén estaba Amadeo
protexido cun sombreiro
que daría por poder
remexer el no palleiro.
 
Apareceu unha vella
cunha gran ola de auga
para refrescarlle a gorxa
o que lle fixese falta.
 
A malla no era grande
pero moitos xa laiaban
que lle picaba o carrelo
co cisco e cas arganas.
 
A asociación de veciños
tiña a cousa ben pensada
o acabaren a malla
comida e festa rachada.
 
A máquina de mallar
despediuse de Salcedo
se vides ó Carballal
vídeme ver ó pendello.
 
Ádiós malla de Salcedo
que xa nunca volverás
cantas moziñas e mozos
ibamos para cortejar.
 
 
 
Advertisements