+Pensamentos II

Publicado: 13 Setembro, 2010 en Sin categoría

Pensamentos argalleiros, tremedes dentro das miñas entrañas, bulides, non me deixades amainar a ialma.
Vades, vides, volvedes, luitando por non quedardes esquecidos no máis fondo da miña mente.
Sodes fortes, galoupantes e riseiros. Non deixades que decida, que escolla entre seguir recordando ou esquecerme de todo.
Vades, vides, volvedes, luitando por permanecer inertes, como o primeiro día que vos gardei no peto da miña coraza máis fonda.
Os recordos amargan e doen; outros fanme palpitar o corazón coa forza dun tremor. Pero son recordos, pasado da miña existencia. Son extraños que recobran vida para facerme sentir.
Eiquí, no paraiso máis fermoso da miña vida penso e non quero pensar, quero tan só vivir.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s