O pensamento que tanto nos afecta na nosa forma de ser somos nós mesmos.
Voltas e máis voltas da na nosa cabeza un e outro, cada cal cun significado distinto, cun sentido diferente, cunha sensación e cun sentimento variado.
Podemos pasar da alegría máis absoluta á tristeza máis infinita en cuestión de segundos e non por eso estar tolo. É incrible como recordamos os bos os e malos momentos, como cambian as sensacións e os recordos co paso do tempo. Algo que nos afecta moitísimo pode logo chegar a non facernos sentir absolutamente nada e algo que pasou polo noso carón sin deixar rastro, facer ferida no noso sentir e ata na nosa forma de comportarnos a partires de ahí.
Canto colle na cabeza dun ser pa que podamos tremer, sudar, sentir, …
Sigo pensando, hoxe cun remuiño de sentimentos. A alegría dunha festa e a tristeza dunha morte. A ledicia do vencedor aplantada por unha caída mortal. Sigo pensando, en tí, que estas a ler esto e te estás aburrindo. E en ti que o les e me entendes ou tratas de facelo. Hoxe podemos lograr que co noso pensamento vivamos e sintamos, non sexamos persoas inertes e libres de sentimentos nin de pensamentos, sigamos pensando.
Pensemos.
Increible….